O feminismo galego convoca para este venres concentracións nas cidades galegas en repulsa á violencia machista

As mobilizacións están previstas para as 20:00 horas na Coruña, Compostela, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo
A Coruña - 14 Xan 2016
A CIG fai un chamamento a participar nas mobilizacións convocadas polo feminismo galego para este venres 15 de xaneiro, ás 20:00 horas, en repulsa ao asasinato machista dunha muller en Narón o pasado día 29 de decembro, a oitava galega asasinada a mans da súa parella ou exparella durante o ano 2015.

Desde a Confederación Intersindical Galega unímonos ao rexeitamento da violencia machista e facemos un chamamento á mobilización de toda a sociedade galega contra este feminicidio. Que o silencio non nos faga cómplices. Ningunha agresión pode quedar sen resposta.

Lugares das concentracións:

- Vigo, ás 20 horas no Marco

- Lugo, na Praza do Concello, ás 20 horas

- A Coruña, ás 20 horas Obelisco.

- Compostela, ás 20 horas Praza 8 de marzo /Porta do Camiño.

- Ferrol, ás 20 horas Praza do Concello.

- Ourense, ás 20 horas, Castañeira (Subdelegación do Goberno).

- Pontevedra, ás 20 horas, diante da Audiencia Provincial, R/ Rosalía de Castro.