O gran dilema da Unión Europea

Hedelberto López Blanch -

O desenvolvemento que está a ter China e outros países da área auguran que este será o século de Asia que, unido ao potencial enerxético e militar de Rusia, predín que a Unión Europea deberá mirar máis cara a esa enorme rexión aínda que sen abandonar o seu decadente aliado histórico

 Neste século XXI a Unión Europea (UE) vese no dilema de tentar navegar entre dúas augas aínda que sempre os países do vello continente se inclinaron cara ás directrices que lles impoñen desde Washington.

 A UE pasou este ano por grandes desafíos, primeiro pola decisión do Reino Unido de se apartare desa Unión, o que lle representou a perda do seu segundo socioeconómico en importancia cun Produto Interior Bruto (PIB) de 2.810 billóns de dólares e cun apreciábel intercambio comercial.

 Esa separación significa que o PIB dos actuais 27 membros sexa duns 13.652 billóns mentres que anteriormente se estimabase en 16.450 billóns de dólares.

 En segundo lugar, a actual pandemia do coronavirus impuxo graves situacións económico-financeiras para o Vello continente, pois no segundo trimestre de 2020 a zona euro caeu 12,1% e no conxunto da UE un 11,9%, os maiores desde que comezaron os rexistros en 1995.

 Na eurozona a covid-19 provocou no que vai de ano un afundimento sen precedentes de todos os grandes países; o Estado español 18,5%, Portugal 14,1%, Francia 13,8%, Italia 12,4, Bélxica 12,2, Austria 12,7%% e Alemaña 10,1%.

 Os cálculos estimados para a fin de 2020 indican que haberá unha recesión do 8,3% para a UE e do 8,7% na eurozona.

 A estas calamidades económicas únense as políticas de extorsións aplicadas a numerosos países polo presidente do decadente imperio estadounidense, Donald Trump, quen non só aplicou as súas eufemísticas sancións a China, Rusia, Irán, Venezuela, Nicaragua e Cuba, entre outros, senón tamén aos seus aliados europeos.

 Accións proteccionistas de Washington se dirixiron contra a UE tras entrar en vigor o 18 de outubro de 2019 a imposición de aranceis por valor de 7.500 millóns de dólares a produtos da Unión.

 Entre os afectados están aceites de oliva, olivas, viños, whisky e queixos elaborados en diferentes países.

 En realidade a política de imposición arancelaria débese ao grave problema de competitividade pola baixa produtividade que padece Estados Unidos e a súa teimuda política de crer que aínda vive nun mundo unipolar. En definitiva, con esas actuacións destrúe a xa pouca confianza que lle profesan os seus propios aliados.

 Estes dous exemplos son esclarecedores. En maio de 2018, Washington anunciou a retirada do seu país do Plan de Acción Integral Conxunto (PAIC), que estipula limitacións ao programa nuclear iraniano para excluír a súa posíbel dimensión militar, a cambio do levantamento das sancións internacionais, co cal ese país foi un dos seus asinantes ademais de Irán, Rusia, Alemaña, Gran Bretaña, Francia e China.

 A Unión Europea cuestionou a saída de Estados Unidos do acordo nuclear con Irán, “porque é un ataque económico contra a Unión” xa que varias nacións como Francia e Alemaña tiñan grandes negociacións co goberno e empresas da nación persa.

 Tamén o decadente imperio arremeteu contra as nacións europeas que constrúen xunto con Rusia o gasoduto Nord Stream 2 que fornecerá 55.000 millóns de metros cúbicos de gas ao ano a varios países. Estados Unidos quere que Europa lle compre ese combustíbel que produce mediante a técnica de fracking, o cal é moito máis custoso.

 Washington emitiu a chamada lei de Protección da Seguridade Enerxética que afecta a todas as empresas que participan na construción, explotación e mantemento do gasoduto, é dicir, a máis de 120 compañías de 12 países europeos.

 Estas políticas levaron a Unión Europea a achegarse máis ao xigante asiático onde observa grandes posibilidades de negocios en detrimento da actual política comercial do réxime de Donald Trump.

 Nese enrarecido contexto, o presidente da República Popular Chinesa, Xi Jinping, realizou este ano unha exitosa xira por nacións da Unión Europea, nas que primou o rexeitamento entre os interlocutores á guerra comercial e a disposición a traballar xuntos para modernizar o sistema multilateral de comercio.

 Xi efectuou visitas oficiais do 21 ao 26 de marzo de 2020 a Italia, Mónaco e Francia á vez que sostivo encontros en París coa chanceler alemá, Ángela Merkel, e co presidente da Comisión Europea (CE), Jean-Claude Juncker. Pola súa banda, o xefe da diplomacia europea, Joseph Borrell, declarou o 25 de maio pasado ao participar na Conferencia Anual de Embaixadores Alemáns que o 2020 se presenta como decisivo no proceso de formación dunha Nova Orde Mundial, ao converterse a pandemia de coronavirus na primeira gran crise á que se enfrontou o orbe sen un sen un liderado claro por parte de Estados Unidos.

 Este ano, Alemaña asumirá a presidencia rotatoria do Consello de Seguridade da ONU, e tamén estará á fronte do Consello da UE, o que poderá este país aproveitar para dar énfase ao seu liderado nestas difíciles circunstancias.

 Sábese que Ángela Merkel tivo diferenzas coas impertinencias de Trump e non encamiñou o seu país a seguir a política de ‘sancións’ estadounidenses contra China e Rusia.

 Nese contexto, Borrell recordou a necesidade de contemplar a China como un socio comercial relevante cuxo “auxe é impresionante e xera respecto”.

 O desenvolvemento que está a ter China e outros países da área auguran que este será o século de Asia que, unido ao potencial enerxético e militar de Rusia, predín que a Unión Europea deberá mirar máis cara a esa enorme rexión aínda que sen abandonar o seu decadente aliado histórico.

 A decisión será delicada mais nalgún momento a Unión Europea deberá quitar a soga ao pescozo que lle mantén Washington desde finais da Segunda Guerra Mundial.

 

[Artigo tirado do sitio web cubano Opciones, do 4 de novembro de 2020]

Volver