O noso país pechou o ano pasado cun total de 12.900 persoas activas menos con respecto a 2019

Os datos da EPA seguen a amosar unha preocupante evolución do mercado laboral, que destruíu 10.100 empregos nese período

Nacional -

Galiza pechou o ano pasado cun total de 12.900 persoas activas menos con respecto a 2019, segundo os datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) que se veñen de coñecer. A CIG considera convinte comparar a evolución das cifras en relación a 2019 e non a 2020 para poder coñecer con máis exactitude o alcance da situación, tendo en conta que o ano pasado todos os indicadores macroeconómicos rexistraron retrocesos considerábeis como consecuencia da crise derivada da pandemia da covid.

Deste xeito, se ben os datos do ano pasado melloraron con respecto a 2020, este comportamento muda a valores negativos se a comparativa se fai con 2019, o que dá unha imaxe máis aproximada do que está a acontecer no mercado laboral. Un mercado laboral que sigue a amosar unha evolución moi preocupante: dende 2019 destruíu 10.100 empregos no noso país, fundamentalmente no sector industrial e no primario.

 

2019

2020

2021

Evolución. Miles

 

 

 

 

21/20

21/19

      Total

2335,3

2339

2340,9

1,90

5,60

      Persoas activas

1241,1

1220,9

1228,2

7,30

-12,90

      Poboación ocupada

1095,2

1074,2

1085,10

10,90

-10,10

      Poboación parada

145,9

146,7

143,1

-3,60

-2,80

      Persoas inactivas

1094,2

1118,1

1112,7

-5,40

18,50

O único sector onde medra a ocupación é nos servizos (26.700 persoas), mentres que a industria perdeu 11.700 empregos con respecto a 2020, o que amosa a profunda crise industrial que atravesa o noso país.

Poboación ocupada por sector de actividade.

 

Total

Evolución

 

2019

2020

2021

21/20

21/19

Total

1095,20

1074,20

1085,10

10,90

-10,10

Agricultura, gandaría, caza e silvicultura

49,9

49,4

47,1

-2,30

-2,80

Pesca e acuicultura

16,8

19,7

20,3

0,60

3,50

Industria

179,4

182,4

170,7

-11,70

-8,70

Construción

70,1

75,1

72,7

-2,40

2,60

Servizos

778,9

747,7

774,4

26,70

-4,50

Fonte: EPA. INE.

Polo tanto, o descenso da poboación parada rexistrado non se debe ao medre da ocupación, senón a caída da poboación activa, que ao mesmo tempo está a experimentar un constante avellentamento, até o punto de que o tramo de 25 a 54 anos reduciuse en 31.300 persoas dende 2019. Pola contra, o de máis de 55 anos incrementouse en 24.000. “Isto é consecuencia directa da precariedade do mercado laboral, que fai que a xente nova emigre en busca de mellores oportunidades de traballo”, denuncia o secretario confederal de Negociación Colectiva, Emprego e Industria da CIG, Paco Sío.

Poboación activa.

P. Activa

Total

Evolución

 

2019

2020

2021

21/20

21/19

Total

1241,10

1220,90

1228,20

7,30

-12,90

de 16 a 24 anos

56,6

51,4

50,3

-1,10

-6,30

de 25 a 54 anos

948,6

920,5

917,3

-3,20

-31,30

de 55 e máis anos

235,8

249,1

260,6

11,50

24,80

Fonte: EPA. INE.

Para o responsábel sindical este progresivo aumento da idade das persoas activas coloca o sistema nunha situación “insostíbel”, polo que reitera a necesidade de derrogar de xeito inmediato as reformas laborais de 2010 e 2012 para permitir que a xente moza poida gozar dunhas condicións de traballo dignas.

Ao mesmo tempo alerta sobre o aumento dos fogares con todos os seus membros no paro, xa que dende 2019 hai 100 fogares galegos máis nesta situación, atinxindo o total a 52.500. Ademais, a taxa de temporalidade incrementouse nun 0,5% con respecto a 2020, situándose non 24,5%. “isto demostra que a reforma que está a aplicar o Goberno español non é a solución para as problemáticas do mercado laboral”.

Fogares con algunha persoa activa, onde todas están paradas.

Fogares

 

 

 

Evolución

 

2019

2020

2021

21/20

21/19

Galiza

52,4

54,6

52,5

-2,10

0,10

A Coruña

17,8

21,5

19,5

-2,00

1,70

Lugo

5,5

4,4

5

0,60

-0,50

Ourense

7

6,3

5,8

-0,50

-1,20

Pontevedra

22,1

22,4

22,3

-0,10

0,20

Fonte: EPA. INE.

Finalmente, incide en que para a CIG que os datos de contratación melloran en termos xerais é consecuencia directa da suba do Salario Mínimo Interprofesional, aínda que fai fincapé na necesidade de cumprir as recomendacións da Carta Social Europea no sentido de que o SMI ten que ser alomenos do 60% do salario medio, que no caso español sería de 1160 euros ao mes. “Un maior poder adquisitivo da clase traballadora provoca a rectivación económica, ampliando a capacidade das empresas para contratar persoal”, remata.

Volver