O persoal das auxiliares de Endesa esixe a convocatoria urxente da mesa de traballo

Logo da exitosa xornada de folga de onte, os traballadores e as traballadoras das auxiliares da central de Endesa nas Pontes continuaron este mércores coas mobilizacións semanais para esixir garantías de emprego e a convocatoria urxente da mesa de traballo (con representación da empresa, o Ministerio, a Xunta, o Concello, as organizacións sindicais e outros axentes sociais) na que abordar o resultado das probas, os proxectos alternativos de xeración de emprego que minimicen o impacto socioeconómico do peche da central e na que arrincar compromisos concretos por parte das Administracións e de Endesa.

Volver