O persoal de atención de chamadas da central de emerxencias sanitarias do 061 segue sen cobrar

A empresa concesionaria do servizo, Grupo Norte, aínda non aboou parte da nómina do mes de marzo

A Estrada -

A empresa Grupo Norte, concesionaria do servizo de atención de chamadas da central de coordinación de emerxencias sanitarias do 061 segue sen abonar parte da nómina do mes marzo deste ano, ademais de adebedarlles outras cantidades,  aos xestores telefónicos que operan nas instalacións do concello pontevedrés da Estrada.

Segundo denuncia o comité de empresa, esta empresa, que xestionou este servizo esencial (subcontratado pola Xunta de Galicia) desde o ano 2017 ata o mes de marzo de 2020, e despois de ameazar, en reiteradas ocasións, con non pagar as nóminas dos persoas encargadas da xestión telefónica que alí traballan, non está respondendo a ningún dos correos electrónicos enviados polo Comité de Empresa, pero si bloqueou as contas que a RLT deste centro ten nas redes sociais como, por exemplo, Twitter.

O mesmo ocorre no servizo de operación telefónica do 112 de Canarias, comunidade onde a empresa Grupo Norte é a encargada da súa xestión.

Volver