O persoal de Coasa mobilízase por unhas condicións laborais dignas

Máis dun cento de persoas desenvolveron unha concentración na empresa aeronáutica ourensá
Ourense - 23 Dec 2019

Traballadores/as de Coasa e delegados/as sindicais da CIG, CCOO e UGT desenvolveron unha concentración este xoves ás portas da empresa no Parque Tecnolóxico de Galiza, en Ourense, para reclamar unhas condicións laborais dignas.

Na mobilización, na que estivo presente o secretario comarcal da CIG de Ourense, Anxo Pérez Carballo, participaron tamén numerosos/as delegados/as sindicais das federacións de Ensino, Servizos, FGAMT e Industria da CIG.

Dende a sección sindical da CIG en Coasa agradecen a participación do cadro de persoal na protesta convocada polo comité de empresa para reclamar un novo convenio que contemple unhas condicións laborais dignas.