O persoal de Ferroatlántica continúa as mobilizacións en defensa dos empregos e o do futuro industrial

Traballadores e traballadoras de Ferroatlántica continuaron este luns co calendario de mobilizacións, desta volta diante do Concello de Cee, para reclamar da Xunta de Galiza que promova a convocatoria dunha reunión urxente na que participen representantes da Administración, da dirección e do persoal co obxectivo de abordar un plan de viabilidade que garanta que se cumpran as cláusulas de vinculación do complexo industrial e enerxético.

Unha demanda de máxima urxencia ante o desmantelamento progresivo das fábricas e o recorte drástico da produción decretado pola nova xerencia, que pon en serio risco a continuidade dos empregos e da actividade das plantas de ferroalixes. Lembran que, a día de hoxe, as fábricas están ao 30% da súa capacidade de produción mentres que a produción de enerxía está ao 100%. De feito, estase vendendo catro veces máis enerxía da que están comprando para fabricar ferroaliaxes, "o que contradí claramente as condicións as das resolucións da Xunta".

Volver