O persoal de Ferrovial, concesionaria dos Centros Cívicos de Compostela, oponse á licitación en lotes

Para o comité isto fai perigar o convenio colectivo e pode fraccionar o colectivo artificialmente
Compostela - 20 Dec 2019

O Comité de Empresa de Ferrovial-Centros Cívicos reuniuse por dúas ocasións co responsable municipal dos Centros Cívicos, negándose pola súa parte o Concelleiro a recibilos. O que lles traslada esa persoa, é a intención do Concello de licitar o servizo de monitoraxe de centros cívicos que dá emprego a unhas 60 persoas, en 7 ou 8 lotes divididos por actividades.

O Comité entende que iso fai perigar o convenio colectivo asinado fai tan só seis meses e por primeira vez, así como a propia existencia deste colectivo que se vería fraccionado artificialmente.

Entende o Comité que os problemas organizativos, que evidentemente existen se multiplicarían por 7 e non se garantiría, como se argumenta dende o Concello que grandes empresas non especializadas no sector se poidan presentar e concursar e incluso gañar un varios dos lotes.

Polo tanto entende que poñer en risco as condicións económicas e socias, do convenio, poñer en risco  postos de traballo e poñer en risco incluso o propio servizo, é neglixente e instan ó Concello a non continuar con sa proposta.

Pola súa banda o Comité ven de iniciar unha rolda de contactos cos grupos da oposición e mesmo ven de solicitar seren recibidos polo Alcalde, en vista das negativas do Concelleiro responsable, por outra parte anuncian que comezarán a mobilizar ao persoal á volta do Nadal.