O persoal de limpeza do Álvaro Cunqueiro continúa coas mobilizacións á espera de manter unha xuntanza co xerente

A reunión terá lugar este venres día 13 ás 12:00 horas
Vigo - 10 Nov 2020

As traballadoras/es de Acciona, concesionaria do servizo de limpeza do hospital vigués Álvaro Cunqueiro, continúa coas mobilizacións iniciadas o pasado venres para reclamar o reforzo do cadro de persoal. As empregadas/es decidiron seguir coas protestas diarias cando menos até este venres 13, día no que a representación sindical manterá unha xuntanza co xerente do centro médico ás 12:00 horas para abordar a problemática laboral que padecen e trasladarlle as súas reivindicacións.