O persoal de limpeza do campus universitario de Pontevedra segue coas protestas para reclamar o pagos dos atrasos salariais

A empresa Star Servicios actualizoulle os soldos pero só lles ingresou 45 euros dos 1000 que lles adebeda
Pontevedra - 23 Out 2019

Un grupo de traballadores/as do servizo de limpeza do campus universitario de Pontevedra desenvolveu hoxe unha nova concentración para reclamarlle á empresa concesionaria, Star Servicios, que lles abone os atrasos salariais pendentes.

Segundo explican dende a CIG-Servizos de Pontevedra, a raíz das mobilizacións iniciadas o pasado 7 de outubro a compañía actualizou os soldos segundo a táboa salarial de 2019, pero unicamente lle ingresou 45 euros a cada traballador/a dos arredor de 1000 que lles adebeda.

Dende a central anuncian que o vindeiro mércores 23 levarán a cabo outra protesta convocada pola CIG, CCOO e UGT, nesta ocasión da facultade de Deportes a partir das 16:30 horas. Está previsto que nos vindeiros días unha nova empresa se faga cargo do servizo tras seren adxudicado a Lacera.

>>NOVA RELACIONADA: Persoal de limpeza do campus universitario de Pontevedra mobilízase para reclamar o pago dos atrasos