O persoal de Maderas Iglesias non cesa nas mobilizacións para salvar os seus posto de traballo

Hoxe volveron percorrer as rúas de Vigo nunha manifestación que rematou diante da Xunta
Vigo - 07 Out 2020

O cadro de persoal de Maderas Iglesias, compañía porriñesa dedicada á fabricación de tarima flotante que corre grave risco de desaparecer, continuou hoxe co intenso calendario de mobilizacións co que pretenden forzar a implicación real da Xunta na busca dunha solución á crise que atravesa a empresa co obxectivo de salvar os 148 empregos actuais. As traballadoras/es percorreron a pé as rúas de Vigo nunha nova marcha que rematou diante da delegación autonómica.