O persoal de Mosa en Ourense acorda reclamar un incremento salarial que recupere o poder adquisitivo perdido

A CIG-Industria valora que os traballadores/as aposten por defender o convenio de empresa

Ourense -

O cadro de persoal de Mosa, concesionario de PSA Peugeot de Ourense, celebrou este mércores unha asemblea para consensuar as reivindicacións que lle trasladarán aos responsábeis do departamento de Recursos Humanos do grupo empresarial, entre elas un incremento salarial que garanta a recuperación do poder adquisitivo perdido nos últimos anos.

Logo de seis anos co convenio en ultraactividade os traballadores/as decidiron por unanimidade solicitar un incremento salarial que garanta a recuperación do poder adquisitivo perdido nos últimos anos, respectando o convenio de empresa nos demais artigos e dándolle unha vixencia de dous anos.

Na asemblea tamén se decidiu trasladarlle aos responsábeis da empresa un calendario de reunións co obxectivo de rematar coas negociacións na maior brevidade posíbel. A xuntanza celebrarase o vindeiro 23 de xaneiro nas instalacións da empresa.

Dende a federación de Industria da CIG valoran moi positivamente a decisión do conxunto do cadro de persoal de defender o convenio, apostando por acordos galegos e dándolle sentido á negociación colectiva no noso país non asinando convenios estatais que precarizan as condicións de vida dos traballadores/as e afastan a negociación colectiva do noso país.

Volver