O persoal de Otis acorda prorrogar a folga en defensa do convenio até o día 27

Os empregados/as galegos/as desenvolverán concentracións diarias nos seus centros de traballo

Nacional -

O cadro de persoal de Otis decidiu prorrogar até o vindeiro luns 27 de decembro a folga convocada a nivel estatal en defensa do convenio colectivo de empresa, que a compañía de ascensores e sistemas da elevación pretende desmantelar.

Ao igual que nas anteriores 19 xornadas de paros convocadas (18 delas seguidas), os traballadores/as galegos/as desenvolverán concentracións diarias ás portas dos seus centros de traballo. Dende a CIG salientan o feito de que a folga está a ter un seguimento practicamente total no noso país. 

Os paros están a ter un seguimento practicamente total no noso país

As negociacións entre as partes continuarán nos vindeiros días, polo que no caso de que non se chegue un acordo os paros estenderanse en principio até o luns día 27, unha vez que o cadro de persoal apostou por prorrogar a convocatoria de folga que estaba previsto que rematase hoxe.

Volver