O persoal de panadarías e pastelarías de Pontevedra mobilizarase para reclamar un convenio digno

As centrais celebran unha asemblea este xoves 19 en Vigo ás 19:00 horas
Vigo/Pontevedra - 17 Dec 2019

O persoal de panadarías e pastelarías da provincia de Pontevedra decidirá este xoves día 19 en asemblea a convocatoria de mobilizacións para reclamar un convenio digno. A CIG, COO e UGT chaman os traballadores/as do sector a participar no encontro que terá lugar no local de CCOO en Vigo ás 19:00 horas e no que se abordará a necesidade de darlle unha resposta aos intentos da patronal de precarizar as condicións de traballo.

Dende as centrais sindicais denuncian que mentres o empresariado defende recortes e salarios a realidade do sector inclúe xornadas interminábeis, incumprimento dos descansos, non abono dos domingos e dos festivos tal e como recolle o convenio, tampouco se pagan as horas extra e proliferan os falsos contratos de media xornada. 

mentres o empresariado defende recortes e salarios a realidade do sector inclúe xornadas interminábeisfalta de descansos, non abono de domingos e festivos nin pago das horas extra, ademais de proliferar os falsos contratos de media xornada

De feito, na asemblea de traballadores/as celebrada o pasado 28 de outubro acordárase trasladarlle á patronal unha nova proposta de suba salarial do 2% para este ano, e sen modificar ningún aspecto do convenio vixente, coa idea de seguir negociando o convenio en 2020.

Logo de dúas xuntanzas, a última este pasado martes 10 de decembro, a patronal presenta dúas propostas de suba salarial: un 0,7% para 2019 e un 0,8% en 2020 ou ben un 1,2% para 2019 e un 1,5% en 2020, mais substituíndo o complemento dos domingos e festivos por unha cantidade fixa de entre 32 e 40 euros segundo a categoría.

Recortes no convenio

Ambas propostas de suba salarial están por debaixo da proposta acordada na última asemblea e pretenden cambiar unha das melloras do convenio como é o complemento dos domingos e festivos “por unha cantidade fixa ridícula”.

Finalmente, as centrais lembran que dende que no mes de abril comezaron as negociacións as partes celebraron un total de 10 xuntanzas, nas que a patronal -APROINPA- “pretendeu unicamente recortar os poucos logros que ten este convenio colectivo para os traballadores/as do sector (incapacidade temporal, aumentar bolsas de horas, etc)”.