O persoal de Poligal continúa coas mobilizacións

- 24 Xul 2019

Traballadores e traballadoras de Poligal continúan hoxe coas concentracións semanais para esixir avances na mesa creada no IGAPE e que se concrete un proxecto industrial que permita retomar a actividade na fábrica de Narón, pechada pola decisión do Grupo Peralada de descapitalizar a empresa e deslocalizar a produción a outras plantas do grupo.