O persoal de Poligal segue coas mobilizacións ante a falta de avances na mesa do IGAPE

Os traballadores/as de Poligal continuaron este mércores as protestas diante da Xunta de Ferrol para esixir información clara sobre os posíbeis grupos interesados en retomar a actividade na fábrica de Narón, pois pasan as semanas e seguen sen chegar novas das xestións feitas na mesa de traballo do IGAPE. ‬Mención aparte merece o desinterese absoluto amosado polo Goberno español ante o peche e a deslocalización doutra industria nesta comarca, pois meses despois da reunión co director xeral de Industria nada se sabe das xestións que se comprometeu a realizar.

Volver