O persoal de Televés irá á folga se a empresa non garante o poder adquisitivo dos salarios

Está convocado un paro o vindeiro xoves e pasará a indefinida desde o 23 se non se atenden as demandas
Compostela - 10 Xan 2023

O Comité de Folga de Televés SAU dos centros de traballo da provincia da Coruña informa de que nos últimos meses intentou negociar coa Dirección de Televés SAU un novo Convenio Colectivo coa única pretensión de que se garantira o mantemento do poder adquisitivo dos salarios dos traballadores da Compañía.

Denuncia que, diante da posición inamobíbel da empresa de presentar propostas con perdas salariais para os traballadores e traballadoras, o cadro de persoal reunido en asemblea decidiu ir á folga cun 94% de respaldo dos traballadores e o apoio das seccións sindicais de UGT e da CIG, os dous sindicatos con representación no Comité de Empresa.

Así as cousas, para o vindeiro xoves, día 12 de xaneiro, está prevista unha primeira xornada de paro, mais advirten de que se as súas reivindicacións nos son atendidas, o próximo día 23 de xaneiro dará comezo unha folga indefinida en todos los centros de Televés SAU da provincia de A Coruña.