O persoal de Transportes Pacholo continúa mobilizándose nos actos de campaña do PP

Desenvolveron unha concentración no Carballiño coincidindo cun mitin de Feijóo
Nacional - 16 Abr 2019

O cadro de persoal de Transportes Pacholo, que se atopa en folga indefinida dende o luns para rexeitar o acoso laboral na empresa e o despedimento de oito compañeiros que denunciaron esta situación, desenvolveron onte unha nova protesta coincidindo cun acto de campaña do PP. Nesta ocasión trasladáronse até O Carballiño, onde o presidente da Xunta, Núñez Feijóo, participaba nun mitin de cara ás vindeiras eleccións. Os traballadores/as do servizo de transporte de residuos sólidos urbanos de Sogama rexeitan os abusivos servizos mínimos decretados pola Administración e anunciaron que se mobilizarán nos actos electorais do partido conservador mentres non se resolva o conflito laboral.