![Confederación Intersinidical Galega](/assets/cig/2022/logos/cig.png)
O persoal de Vitrasa debaterá en asemblea novas mobilizacións ante o silencio de empresa e Concello
![](assets/images/4/2018-09-27-Vitrasa-00-40e305c4.jpeg)
O comité de empresa de Vitrasa, concesionaria do servizo de público de transporte de Vigo, deu continuidade este xoves 27 á primeira fase de mobilizacións sen, polo momento, recibir ningunha resposta por parte de empresa nin do Concello, ao que solicitara por carta a mediación no conflito.
![](imaxes/adaptadas/780/files/novas/2018/09/28/2018-09-27-Vitrasa-01.jpeg)
Así, concentráronse tanto diante da sede municipal como das instalacións da empresa, levando a pé de rúa a denuncia tanto da degradación das súas condicións de traballo como das irregularidades na contratación cometidas pola empresa.
Salientan a urxencia en resolver os incumprimentos en eventualidade, horarios de percorrido, uniformidade, horas extra ou baños, entre outras.
Este sábado 29 a partir das 23:30 horas terá lugar unha asemblea de traballadores/as onde se decidirá colectivamente que tipo de resposta dar ante a situación creada.