O persoal de XEAL retoma as mobilizacións en defensa do emprego e a actividade industrial

Realizaron unha concentración diante da fábrica de Cee

Cee -

Traballadores e traballadoras de XEAL (Ferroatlántica de Cee, Dumbría e Centrais Hidroeléctricas) retomou esta tarde as mobilización semanais en defensa do futuro industrial da comarca e do mantemento de todos os empregos, e denunciar que o único interese da empresa está no negocio da enerxía.

A protesta desenvolveuse diante da fábrica de Cee e no seu decurso, o persoal demandou coñecer o plan de viabilidade ao que obrigan as cláusulas das concesións, que se fagan os investimentos comprometidos e se poña enriba da mesa un calendario para o rearranque dos fornos.

Volver