O persoal de XEAL segue mobilizándose na defensa do seu convenio

Cee - 29 Dec 2021
Os traballadores e traballadoras de XEAL (antiga Ferroatlántica de Cee, Dumbría e Centrais Hidroeléctricas) continuaron na tarde deste mércores o calendario de mobilizacións en defensa do seu convenio colectivo e dos dereitos laborais e sociais conquistados a través de anos de loitas, que agora empresa pretende recortar.