O poder global de Estados Unidos: unha avaliación do “período Trump”

James Petras - 15 Mai 2019

O “poder global” dos Estados Unidos non vai prosperar con tácticas de intimidación. As súas proxeccións de poder fracasaron. O imperio está en declive polas súas limitacións económicas e pola derrotas sufridas nas guerras rexionais.

Introdución

 O poder global de EUA no “período Trump” reflicte continuidades e mudanzas que se están a despregar con forza en todo o mundo e que están afectando á posición de Washington.

 Avaliar a dinámica do poder global de Estados Unidos é un problema complexo que require examinar múltiples dimensións:

- Conceptualizar os principios que ditan a construción do imperio, especificamente as bases do seu poder e os cambios dinámicos nas relacións e estruturas que configuran a posición actual e futura dos Estados Unidos.

- Identificar as esferas de influencia e de poder; o seu crecemento e devalar.

- Examinar as rexións de conflito e controversia.

- Estudar as rivalidades principais e secundarias.

- Analizar as relacións estábeis e cambiantes entre os centros de poder existentes e en ascenso.

- Definir a dinámica interna que conforma a forza dos centros competidores do poder global.

- Observar a inestabilidade dos réximes e estados que buscan expandir a globalización do poder.

Conceptualización do poder global

 Basicamente o poder global de Estados Unidos baseouse na súa vitoria na Segunda Guerra Mundial, na súa economía avanzada e na posición dominante das súas forzas militares nos cinco continentes.

 Os Estados Unidos aumentaron o seu dominio a través dunha serie de alianzas; en Europa a través de OTAN; en Asia cunha relación hexemónica sobre Xapón, Corea do Sur, Filipinas e Taiwán, en Oceanía sobre Australia e Nova Zelandia; en América Latina instalando réximes clientelares, e en África coa imposición de gobernos neocoloniais (tras os procesos independentistas dese continente).

 O poder global de EUA construír socavando as economías da URSS e de China e derrotando os seus aliados mediante guerras rexionais.

 A superioridade económica e militar global posterior á Segunda Guerra Mundial asentouse nun conxunto de aliados subordinados, que co tempo crearon as súas propias bases de desenvolvemento que están a producir cambios graduais nesas relacións de subordinación.

 O poder global de EUA foi formidábel, pero sempre estivo suxeito ás ineludíbeis mudanzas económicas e militares no tempo e no espazo.

As esferas de poder dos Estados Unidos: entón e agora

 Aínda que sufriu reveses militares desde o principio (especialmente en Corea, Indochina e Cuba) o poder e a influencia do Imperio asentouse visibelmente en Europa Occidental e América Latina, pero foi contido en Europa Oriental e Asia.

 O avance máis importante do seu poder global tivo lugar coa caída e desintegración da URSS (e dos estados de Europa do Leste) así como a transformación de China e Indochina durante os anos 80.

 Nese momento os ideólogos estadounidenses declararon a “chegada” dun imperio unipolar libre de todo tipo de limitacións.

 Desintegrada a URSS os EUA propugnaron conquistar a periferia dos seus potenciais adversarios rexionais:

 Washington destruíu Iugoslavia e logo Iraq, fragmentándoos en mini-estados.

 Wall Street promoveu unha chea de corporacións multinacionais que invadiron economicamente China e Indochina obtendo miles de millóns de ganancias explotando man de obra barata.

 Porén, quen creu nun dominio duradeiro e enxergou un século de dominio imperial, errou.

 En realidade, tratábase dunha visión miope. O Imperio unilateral foi un breve interludio na historia da humanidade.

A fin da unipolaridade: novas rivalidades e centros de poder mundiais e rexionais.

 O poder global de EUA levou a Washington a emprender custosas e prolongadas guerras con consecuencias negativas:

 En Iraq a destrución das forzas armadas e da economía provocou o ascenso do Estado islámico que se apoderou da meirande parte do país.

 En Afganistán, a ocupación provocou o rexurdimento dos talibán, e un prolongada guerra (de vinte anos que segue en curso) que custou centos de miles de millóns de dólares e miles soldados estadounidenses mortos e feridos.

 Como resultado, a maioría da poboación dos EUA non só rexeita as guerras senón que tamén a propia construción imperial.

 O saqueo e dominio de Rusia por parte de EUA terminou cando o Presidente Putin mudou o estado vasalo creado por Ieltsin.

 Rusia reconstruíu a súa industria, ciencia, tecnoloxía e poder militar. A poboación de Rusia recuperou o seu nivel de vida.

 Os EUA perderon o seu poder militar unipolar coa independencia rusa e o avanzado armamento que desenvolveu esta potencia nuclear.

 Malia este cambio, recentemente Washington financiou un golpe de estado que lle permitiu anexionar (virtualmente) dous terzos de Ucraína.

 Como EUA fragmentou Iugoslavia (creando mini estados nos Balcáns) Rusia contraatacou coa anexión de Crimea e asegurou un goberno amigo en Xeorxia.

 China converteu a invasión económica das corporacións multinacionais norteamericanas en experiencias de aprendizaxe para a construción dunha economía nacional e nunha formidábel plataforma de exportación que levou á o xigante asiático a converterse nun forte rival e competidor económico do Imperio.

 A construción do imperio global de EUA sufriu importantes reveses en América Latina como resultado do chamado Consenso de Washington. Coa imposición de políticas neoliberais en Latinoamérica privatizáronse e saqueáronse as súas economías, empobreceuse a clase obreira e a clase media. Estas políticas provocaron levantamentos populares e o xurdimento de movementos sociais radicais e gobernos de centroesquerda.

 O imperio estadounidense perdeu esferas de influencia nalgunhas rexións (China, Rusia, América Latina , Asia e Oriente Medio), aínda que mantivo o seu ascendente entre as elites nas rexións en disputa.

 Nesta pelexa polo dominio global iniciou novas guerras imperiais atacando os réximes independentes de Libia, Siria, Venezuela, Somalia e Sudán utilizando de preferencia forzas armadas delegadas.

 O cambio dun mundo unipolar a un mundo multipolar e a aparición gradual de rivais rexionais levaron os estrategos globais de EUA a reformularen a súa estratexia.

O réxime de Trump: As políticas agresivas crean o marco para a división política dentro do Imperio e os seus aliados.

 Na segunda década do século XXI, xurdiron novas posicións de poder mundial: China converteuse no principal competidor económico do Imperio e Rusia é o principal desafío á supremacía militar estadounidense.

 Pola súa banda Estados Unidos substituíu o antigo imperio colonial europeo en África. A esfera de influencia de Washington estendeuse no norte e o sur do Sahara: basicamente en Quenia, Libia, Somalia e Etiopía.

 Trump gañou influencia en Oriente Medio, concretamente en Exipto, Arabia Saudita, os Emiratos e Xordania.

 Israel mantivo o seu peculiar papel, actuando como delegado dos EUA.

 Os Estados Unidos enfrontáronse a rivais rexionais no Líbano, Siria e Irán, Iraq e Alxeria.

 No sur de Asia enfróntanse polas esferas de influencia de China, a India, Afganistán e Paquistán.

 En América Latina, os cambios bruscos foron norma. Aínda que a influencia de EUA diminuíu entre 2000 e 2015, recuperou o seu poder entre 2015 e o presente.

Aliñamentos imperiais de poder baixo Trump

 O Presidente Trump proseguiu e profundou moitas das políticas de Obama-Hillary Clinton. Mais tamén radicalizou ou reverteu parte das políticas dos seus predecesores. Combinou adulación e gabanza con intimidación e agresión.

 En ningún momento Trump recoñeceu os límites do poder global de Estados Unidos. Do mesmo xeito que os anteriores presidentes insistiu en volver impoñer un mundo unipolar.

 A Rusia, o seu competidor global, impúxolle sancións económicas, co obxectivo estratéxico de empobrecela, degradando os seus sectores financeiros e industriais. O seu obxectivo: forzar un cambio de réxime e volver converter Moscova nun estado vasalo.

 Ao principio da súa campaña presidencial Trump andou coa idea de facer acordos con Putin. Porén, cos nomeamentos dos ultraconservadores e a oposición interna Trump virou cara a unha estratexia altamente belicosa que rexeita acordos militares -incluíndo os nucleares- a favor da escalada armamentística.

 Con China, Estados Unidos enfrontouse cun competidor tecnolóxico dinámico e en pleno avance. Trump recorreu a unha “guerra comercial” que foi alén do “comercio” para abranguer unha guerra contra a estrutura económica e as relacións políticas con Pequín. O seguinte paso ameaza con se transformar nun boicot total ás exportacións chinesas.

 Nas negociacións o réxime de Trump rexeitou o recoñecemento dun poder multilateral.

 Trump e o seu equipo económico esixiron que China privatizase e desnacionalizase toda a industria apoiada polo estado. Tamén esixiu que todos os acordos tecnolóxicos, económicos e as innovacións estean suxeitos aos canons das empresas estadounidenses.

 EUA pretende aplicar as súas propias normas á economía chinesa.

 Noutras palabras, Trump demanda a fin da soberanía chinesa como un xeito de restaurar o seu poder global. Os EUA non só están interesados en dominar na área do “comercio”, senón que tamén aspiran a imporse sobre unha China neo-colonizada.

 Con esta estratexia política calquera cuestión importante que se estea negociando inevitabelmente nunca durará moito tempo.

 China ten unha estratexia exitosa. Está alicerzada na construción das Novas Rutas da Seda cun investimento de 6 billóns de dólares. Trátase dunha política de desenvolvemento económico, que xa vincula a máis de 60 países en todo o mundo.

 As Novas Rutas da Seda construirán portos, camiños de ferro e sistemas aéreos que conectarán a industrias e países, todo iso financiado por bancos de desenvolvemento.

 Pola contra, os bancos estadounidenses explotan a industria, especulan e operan dentro do contorno pechado dos circuítos financeiros. Ademais os EUA gastan billóns de dólares en guerras, golpes de estado, sancións e outras políticas parasitarias que non teñen nada que ver co desenvolvemento e a competitividade económica.

 Os “aliados” do réxime de Trump en Oriente Medio (Arabia Saudita e Israel) son aliados parasitarios que compran protección e provocan guerras custosas.

 E aínda que Europa se laia do aumento das exportacións industriais de China, pasa por alto as importacións de bens de consumo.

 A UE pensa resistirse ás sancións de Trump porque estas condúcena a un beco sen saída e ao estancamento.

Conclusión

 As políticas recentes da potencia global de EUA (entre 1989 e 1999) contiñan todas as sementes do devalar do imperio cunha grave secuela negativa de guerras comerciais, sancións e ameazas nucleares.

 A estrutura do poder global de Estados Unidos cambiou nas últimas sete décadas.

 O imperio estadounidense comezou coa reconstrución das economías europeas e a subordinación dos antigos países imperialistas (Inglaterra, Francia, Portugal e Bélxica). Isto permitiulle expandirse en Asia e África. En Sudamérica penetrou a través das multinacionais.

 Pero a construción do imperio nunca foi un proceso liñal como o testemuña o seu confrontación sen éxito cos movementos de liberación nacional en Corea, Indochina, África meridional (Angola, Congo, etc.) e o Caribe (Cuba).

 A primeiros da década de 1960, os EUA desprazaron os seus rivais europeos e incorporáronos como aliados en calidade de subordinados.

 Os principais rivais de Washington eran a China comunista, a URSS (cos seus aliados) e os revolucionarios organizados en gran parte do mundo.

 En aparencia o éxito do imperio foi transformar os seus rivais comunistas e nacionalistas en competidores capitalistas emerxentes. Nunha palabra, o dominio de EUA levou á construción de rivais “capitalistas”, nomeadamente en China e en Rusia.

 Pero, tras as derrotas militares de Estados Unidos e as súas guerras prolongadas, as potencias rexionais proliferaron en Oriente Medio, África do Norte, Asia do Sur e América Latina. Os bloques rexionais comezaron a competir polo poder cos estados clientelares de EUA.

 A diversificación dos centros de poder conduciu a novas e custosas guerras.

 Washington perdeu control exclusivo de mercados, recursos e alianzas.

A competencia esta reducindo as esferas do poder de EUA

 Ante estas limitacións da súa poder global o réxime de Trump desenvolveu unha estratexia para recuperar o dominio imperial, ignorando a limitada capacidade e estrutura das súas relacións políticas, económicas e de clase.

 China non só avanzou coas novas tecnoloxías senón que tamén saltou etapas no seu desenvolvemento.

 Rusia recuperouse das súas perdas e sancións. O país eslavo desenvolveu un comercio alternativo para contrarrestar os desafíos do imperio global.

 O réxime de Trump lanzou unha «guerra comercial permanente» sen aliados estábeis e sen lograr socavar a rede mundial de infraestruturas de China.

 Europa fixo publica certa autonomía ao asinar acordos comerciais con China, Irán e Rusia.

 Mentres Trump presionou a moitas potencias rexionais, estás ignoraron as súas ameazas.

 Estados Unidos segue sendo unha potencia mundial, mais, a diferenza do pasado, carece dunha base industrial para “facer unha América forte”. A industria está subordinada ás finanzas e as innovacións tecnolóxicas non están vinculadas a unha man de obra cualificada que aumente a produtividade.

 Trump depende das sancións, pero non foi capaz de socavar a influencia dos poderes rexionais.

 As sancións poden reducir temporalmente o acceso ao mercado de EUA, pero novos socios comerciais están ocupando o seu lugar.

 Trump gañou réximes de clientelares en América Latina, pero as súas marxes son precarias e están suxeitas a reversión.

 Baixo o réxime de Trump, as grandes empresas e os banqueiros incrementaron os prezos nos mercados das bolsas de valores, pero o país enfróntase a importantes problemas internos; inestabilidade política e altos niveis de axitación.

 Na procura de “lealdade” Trump levou ao goberno a persoeiros neoconservadores que buscan exercer un poder unilateral que os EUA xa non posúe.

 Elliot Abrams noutro momento puido masacrar impunemente a un cuarto de millón de centroamericanos, pero hoxe non logrou impoñerse sobre Venezuela e Cuba.

 Pompeo pode ameazar a Corea do Norte, Irán e China, pero estas nacións seguen fortalecendo as súas alianzas con rivais do imperio no resto do mundo.

 Bolton pode promover os intereses de Israel, pero os seus convenios son impotentes pois carecen da resonancia necesaria nas principais potencias.

 Trump conseguiu concesións dalgunhas nacións, pero está perdendo a parte dos seus aliados rexionais.

 Trump afirma que está facendo a Estados Unidos máis forte, pero na práctica levou por diante parte de lucrativos acordos comerciais establecidos antes do seu goberno.

 O “poder global” dos Estados Unidos non vai prosperar con tácticas de intimidación. As súas proxeccións de poder fracasaron. O imperio está en declive polas súas limitacións económicas e pola derrotas sufridas nas guerras rexionais.

 

[Artigo tirado do sitio web Krítica, do 12 de maio de 2019]