O sector da Administración Xeral do Estado reelixe por unanimidade a Xosé Manuel Gil como secretario nacional
A IX Asemblea do sector da Administración Xeral do Estado, como parte da CIG Administración Pública, reelixiu por unanimidade a Xosé Manuel Gil Ramos como secretario nacional. No proceso, celebrado o sábado 21 de febreiro en Compostela e ao que concorreu unha candidatura única para todos os órganos a renovar, tamén se escolleu a nova Executiva e Dirección nacionais, elixidas por unanimidade.
A Executiva nacional do sector da Administración estatal quedou composta por:
- Xosé Manuel Gil Ramos
- Ana López Bogo
- Antonio Otero Rodríguez
- Beatriz González Freire
Súmanse ás catro integrantes da Executiva, como parte da Dirección nacional:
- José Antonio Baliño Vázquez
- Verónica Vázquez El Laffa
- Xurxo Ánxel Vázquez Regal
- Lorena García Oliveira
- Iván Roca Cruz
- Jesús Fernández Salgado
- Daniel Valladares Otero
Como representante do sector na Dirección nacional da CIG-Administración Pública escolleuse, tamén por unanimidade, a Carlos García Seoane.
Reflexión, aprendizaxe e azos para un novo tempo
No decurso da Asemblea aprobouse de xeito unánime o informe de xestión da Executiva saínte, no que se destacou o enorme aprendizaxe que teñen suposto os últimos catro anos para o sector, nun escenario de grave parálise política e de deterioro das condicións laborais.
Destacouse o labor e o enorme capital humano e sindical dos compañeiros e compañeiras que acadaron a súa idade de xubilación neste período ou que están a piques de acadalo, recoñecendo a súa traxector
Destacouse o labor e o enorme capital humano e sindical dos compañeiros e compañeiras que acadaron a súa idade de xubilación neste período ou que están a piques de acadalo, recoñecendo a súa traxectoria e a necesidade de transmitir esa sabedoría e bo facer ás novas xeracións.
“Esta nova etapa debe servir para reforzar algo clave: apoiar as novas incorporacións, transmitir todo o coñecemento e experiencia, e construír equipos máis amplos, para que a CIG siga sendo unha ferramenta útil, forte e presente nos centros de traballo. A CIG debe continuar a reforzar a participación e impulsar propostas claras para acadar máis dereitos, máis negociación real, máis medios e máis dignidade para o persoal dos servizos públicos”, afirmouse.