O sector de Correos da CIG reelixe por aclamación a John Vivanco Vivanco como secretario nacional

Na asemblea tamén se escolleu a nova Dirección e Executiva Nacional e o representante do sector na federación
Nacional - 25 Abr 2022

O sector de Correos da CIG celebrou o pasado sábado día 23 de abril, en Compostela, a súa VIII Asemblea, da que saíu reelixido por aclamación como secretario nacional John Vivanco Vivanco. No decurso do proceso tamén se escolleu a nova Dirección Nacional do sector, a Executiva Nacional e o representante na Dirección Nacional da federación de CIG-Administración. Esta VIII Asemblea contou, ademais, coa participación do secretario nacional da CIG-Administración, Luis Carballo.

As/os membros da nova Dirección Nacional do sector de Correos, que forma parte da federación de Administración da CIG son:

-John Vivanco Vivanco

-José  Manuel Álvarez de Prado

-Xesús Represas Represas

-Eulogio Fontenla Somoza

-Ana Pintos Pérez

-Mª Carmen Casais Martínez

-J. Carlos del Río López

-Mar Díaz Lodeiro

Membros da Executiva Nacional do Sector:

-John Vivanco Vivanco

-Begoña Vázquez Pose

-Mª Sandra Otero Fernández

-Xosé Blanco Pichel

-Miguel S. Núñez Pérez

-Antonio García Blanco

-Anxo Álvarez Amado

Representante do sector na Federación de CIG-Administración:

-Anxo Álvarez Amado