O sector de Xustiza da CIG elixe por aclamación a Óscar Freixedo como secretario nacional
Dentro do proceso de renovación de cargos e estrutura do sindicato, o sábado 7 de maio o sector de Xustiza da CIG-Administración Pública celebrou a súa VIII Asemblea Nacional, na que saíu elixido por aclamación como novo secretario nacional Óscar Freixedo Beltrán.
A dirección nacional do sector queda conformada por:
- Óscar Freixedo Beltrán
- Eva Rodríguez Vicente
- María Consuelo Rodríguez Rodríguez
- Xosé Barreiro Pérez
- Antonio Ayaso Reiriz
- Manuela Mares Iglesias
- Josefa Iglesias de la Campa
- Jesús Sánchez Costa
No acto de clausura interviñeron o secretario nacional da CIG-Administración, Luis Carballo e o recén elixido secretario nacional, Óscar Freixedo quen sinalou que se achegan tempos de cambios, con importantes reformas lexislativas para a Administración de xustiza, e asegurou que o Sector de Xustiza da CIG ten moito que dicir e achegar en todo o proceso de negociación desas reformas, e así o fará, na defensa das traballadoras e traballadores da xustiza galega e dos servizos públicos.