O siderometal ourensán segue en loita contra a perda de poder adquisitivo

A CIG-Industria desenvolveu unha nova protesta para reclamar un convenio digno
Ourense - 09 Xun 2022

Traballadores/as do siderometal ourensán continuaron onte coas protestas para denunciar a perda de poder adquisitivo que supón a proposta de convenio colectivo achegado pola patronal. A CIG-Industria convocou unha concentración diante do despacho da presidenta da Confederación de Empresario de Ourense (CEO) para reclamar un acordo xusto con salarios dignos.

Dende a central sindical insisten en que continuarán coas medidas de presión ante o bloqueo nas negociacións por parte do empresariado porque, segundo explicaron, “a súa resistencia a asumir que os salarios deste ano suban acordo ao IPC do ano 2021 “fai que non quede outra opción que demandar a cláusula de revisión salarial”. Xa que doutro xeito “non faríamos máis que perder poder adquisitivo en plena suba brutal dos prezos”, ao tempo que marcaría a pauta a seguir “para temos o mesmo problema en 2023”.