O Xulgado declara complexa a causa polo accidente mortal en Tubacer

A CIG-Industria está personada como acusación popular
Ferrol - 03 Dec 2018

O Xulgado de Instrución número 2 de Ferrol vén de acordar a declaración como "causa complexa" do proceso aberto a raíz do accidente mortal acontecido na empresa Montajes Tubacer, o pasado 16 de maio, e no que a CIG fai parte como acusación popular. Deste xeito, amplíase o prazo de instrución prazo de instrución dos 6 meses ordinarios a outros 12 adicionais.

Hai que lembrar que no accidente, ocorrido nas instalacións que a empresa ten no Polígono de Río do Pozo, faleceu un traballador mentres estaba a realizar unha manobra para a montaxe dos bloques subcontratados por Navantia para o AOR australiano, recentemente botado. Dende CIG-Industria informan que até o momento a Inspección Provincial de Traballo non trasladou o seu informe a respecto deste sinistro.

Precisamente, a Federación de Industria mantivo unha reunión coa Inspección na que se lle trasladaron por escrito unha serie de consideracións que a central sindical entende importantes sobre o contexto e as posíbeis causas do accidente.