Os datos da EPA evidencian que a precariedade e a parcialidade se ceban coas traballadoras galegas
A Enquisa de Poboación Activa do II trimestre evidencia a situación precaria das traballadoras en Galiza: o 76,7% das novas persoas ocupadas foron mulleres e o 87,6% dos novos empregos rexistrouse no sector servizos. A precariedade do mercado laboral reflíctese tamén nas horas contratadas, pois é nas xornadas de 20 a 30 horas nas que máis aumenta a poboación ocupada.
No segundo trimestre de cada ano é habitual observar unha mellora nos indicadores laborais, especialmente no sector dos servizos, que está estreitamente vinculada a factores estacionais, como a festividade da Semana Santa e o inicio da tempada estival, que impulsan a demanda de actividades turísticas, hostaleiras e comerciais. De feito, os principais indicadores da EPA amosan un incremento da poboación activa e ocupada e un descenso da poboación parada.
|
Total |
Variación |
||||
|
|
2025/I |
2025/II |
Absoluta |
% |
|
|
Total |
2.381,00 |
2.385,00 |
4,00 |
0,2% |
|
|
Poboación Activa |
1.261,10 |
1.271,60 |
10,50 |
0,8% |
|
|
Poboación ocupada |
1.150,10 |
1.165,50 |
15,40 |
1,3% |
|
|
Poboación parada |
111 |
106,1 |
-4,90 |
-4,4% |
|
|
Poboación Inactiva |
1.119,90 |
1.113,40 |
-6,50 |
-0,6% |
|
Fonte : EPA.IGE
O secretario confederal de Negociación Colectiva da CIG, Francisco González Sío, advirte que atrás destes datos positivos que o Goberno español utiliza para facer propaganda das súas reformas lexislativas, agóchase unha realidade “moi preocupante que está levando a que cada vez unha parte máis importante da clase traballadora viva na precariedade e na pobreza laboral”.
Denuncia que segue a medrar o número de persoas traballadoras que tendo un emprego non pode cubrir as súas necesidades mínimas para unha vida digna e reitera a urxencia dun cambio no modelo económico e laboral e dunha nova lexislación “que reverta todos os cambios e retrocesos realizados dende 2012”.
A maioría do emprego, no sector servizos
Salienta que a maioría do emprego que se creou foi no sector servizos e entre as mulleres, destacando que a taxa de paro feminina se sitúa por debaixo da masculina. Pero estes datos poñen de manifesto a realidade de precariedade que viven as traballadoras en Galiza, posto que unha parte importante permanece como man de obra de reserva que aflora en determinados períodos, coma os estivais.
Desagregando até a rama de actividade, compróbase que son catro as que absorberon os novos empregos: industria de alimentación bebidas e tabaco (con 5.100 persoas empregadas máis, o que permitiu mitigar o descenso da ocupación no resto da industria manufactureira), comercio, actividades sanitarias e de servizos sociais, e hostalería.
Poboación ocupada segundo sector económico
|
Persoas ocupadas |
2025/I |
2025/II |
Variación |
|
|
Total |
Total |
Absoluta |
% |
|
|
Total |
1.150,10 |
1.165,50 |
15,40 |
1,3% |
|
Agricultura e pesca |
65,2 |
66,4 |
1,20 |
1,8% |
|
Industria |
194,9 |
195,7 |
0,80 |
0,4% |
|
Construción |
79,6 |
79,4 |
-0,20 |
-0,3% |
|
Servizos |
810,5 |
824 |
13,50 |
1,7% |
Fonte : EPA.IGE
González Sío critica que os postos de traballo ligados ao turismo xeran un emprego baseado na parcialidade e os baixos salarios. “As xornadas que máis aumentan son as de 20 horas, e polo tanto os salarios son o 50% do recollido no convenio de aplicación. Ademais o emprego créase en sectores cunha alta taxa de rotación, polo que ter un traballo non garante a estabilidade laboral”, apunta.
Poboación asalariada segundo tipo de contrato
|
|
Total |
Variación |
|||
|
2025/I |
2025/II |
Absoluta |
% |
||
|
Total |
940,1 |
959,3 |
19,20 |
2,0% |
|
|
Contrato indefinido |
811,3 |
823,9 |
12,60 |
1,6% |
|
|
Contrato temporal |
128,8 |
135,5 |
6,70 |
5,2% |
|
Fonte : EPA.IGE
A esta circunstancia contribúe a expansión do contrato fixo-descontinuo “no que a persoa non ten certeza de cantos días vai traballar ao longo do ano nin, polo tanto, un salario estábel todos os meses”. A isto engade o aumento “exponencial” do número de persoas despedidas que tiñan un contrato indefinido porque “despedir cada vez é máis barato e máis fácil”, denuncia o secretario confederal de Negociación Colectiva.
A CIG segue a reivindicar a recuperación das contías de indemnización por despedimento improcedente, a causalidade no despedimento individual e colectivo, e o abono dos salarios de tramitación que se contemplaban a lexislación previa á reforma laboral de 2012 e que contribuían a estabilidade laboral.
Galiza ten unha baixa taxa de ocupación e actividade
No que atinxe á taxa de ocupación, esta sitúase en Galiza no 48,8% no segundo trimestre, catro puntos por debaixo da media estatal, que está no 52,9%. En canto á taxa de actividade, mantense a diferenza de 5 puntos coa media estatal: 59% no Estado e 53.3% en Galiza. González Sío valora estes datos como exemplo de que o desemprego diminúe no noso país “por inanición”. “O número de persoas que participan na economía mediante o traballo é moi baixo en Galiza. E isto ten que ver co problema demográfico que arrastramos e porque a mocidade se ve forzada a emigrar para conseguir unhas condicións de vida dignas”.
Neste senso, rexeitou a falta de políticas da Xunta de Galiza para reverter esta realidade, cualificando o Goberno de Alfonso Rueda como “pusilánime e incapaz de lexislar e pelexar para termos en Galiza un marco propio de relacións laborais que nos permita medrar e xerar emprego de calidade e con mellores salarios”.