Os estibadores desconvocan outras tres xornadas de folga

Dos nove días de paros previstos unicamente manteñen catro

Nacional -

As centrais sindicais con representación no sector da estiba a nivel estatal -entre eles a CIG- acordaron desconvocar outras tres xornadas de folga, en concreto as previstas para os días 10, 13 e 15 de marzo. Deste xeito, dos nove días de paro previstos para rexeitar o decreto lei do Goberno central que liberaliza o sector unicamente se manteñen catro. O primeiro deles será o vindeiro venres 17 de marzo, un día despois de que a reforma sexa debatida no Congreso dos Deputados/as.

Volver