Os estibadores suspenden a folga convocada no conxunto do Estado para os días 6 e 8 de marzo

Despois de que os grupos políticos do Congreso anunciasen que non apoiarán o decreto lei do Goberno

Nacional -

Os estibadores decidiron hoxe suspender a folga prevista no conxunto do Estado español para os vindeiros días 6 e 8 de marzo ante a negativa dos grupos políticos do Congreso a apoiar o decreto lei proposto de xeito unilateral polo Ministerio de Fomento para liberalizar o sector. As centrais con representación na estiba, entre elas a CIG, entenden que esta nova situación abre a posibilidade dunha nova mesa de negociación real para a consecución dunha reforma do sector de xeito consensuado. Con todo, manteñen a convocatoria de paro do venres 10.

Volver