• 19-11-25 ProtestaIrosaBarcoValdeorras01.jpeg
  • 19-11-25 ProtestaIrosaBarcoValdeorras02.jpeg
  • 19-11-25 ProtestaIrosaBarcoValdeorras03.jpeg

Os traballadores/as da louseira Irosa de Valdeorras inician mobilizacións para reclamar o pago dos salarios

Desenvolveron concentracións diante da empresa a semana pasada

Valdeorras -

O cadro de persoal de Irosa, empresa do sector da rocha ornamental con sede en Carballeda de Valdeorras na que traballan máis de 200 persoas, iniciou mobilizacións a semana pasada para reclamar o pago dos salarios pendentes.

Os traballadores/as desenvolveron concentracións diante da compañía o pasado xoves 21 e o venres 22 para demandar os soldos pendentes dos meses de agosto, setembro e outubro e a paga extraordinaria de xullo.

A CIG conta con 6 dos 9 delegados/as do comité, xa que foi a forza máis votada nas eleccións sindicais celebradas meses atrás na empresa, unha das máis importantes do sector, nas que obtivo 113 apoios (72,44%); CCOO sumou 28 votos e 1 representante, mentres que a UGT logrou 15 apoios e outro representante.

O noveno delegado do comité, que se escollía no colexio de técnicos/as, foi, como vén sendo habitual na empresa, para “grupo de traballadores/as”.

Volver