Palestina: A antiga Nakba e a nova Nakba

Ramzy Baroud - 30 Nov 2023

A «Nakba de Gaza» debe ser rexeitada, non só con palabras, senón mediante unha acción árabe e internacional sólida, co fin de impedir que Israel aproveite a guerra para expulsar os palestinos da súa patria, unha vez máis. Tamén se debe traballar para que Israel renda contas polos seus crimes de guerra, pasados e presentes, empezando pola Nakba orixinal de 1948

 É totalmente erróneo afirmar que o actual intento israelí de desprazar a todos ou a moitos refuxiados palestinos de Gaza ao Sinaí é unha idea nova, obrigada polas circunstancias recentes. O desprazamento de palestinos ou, como se coñece no léxico político israelí, o “traslado”, é unha idea antiga, tan antiga como o propio Israel.

 De feito, historicamente o “traslado” de poboación foi máis que unha idea unha política gobernamental real, con mecanismos claros. Yosef Weitz, director do Departamento de Terras e Forestación, foi o encargado de crear o Comité de Traslados en maio de 1948 para supervisar a expulsión dos árabes palestinos das súas cidades e pobos.

 É dicir, cando Israel estaba a concluír a fase inicial de limpeza étnica iniciou outra fase, a do “traslado”, cuxos resultados son ben coñecidos.

 Pero mesmo moitos dos chamados intelectuais liberais de Israel promoveron e seguen a promover a idea, xa sexa de forma proactiva ou retroactiva. «Non creo que as expulsións de 1948 fosen crimes de guerra», declarou o historiador israelí Benny Morris nunha entrevista no xornal Haaretz en 2004. «Coido que el [o pai fundador de Israel, David Ben-Gurion] cometeu un grave erro histórico en 1948 (…) Se xa estaba comprometido coa expulsión, quizais debería facer o traballo completo. (…) Non se pode facer unha tortilla sen romper os ovos. Hai que manchar as mans».

 Morris estaba a se referir especificamente á Nakba, que comezou en serio en decembro de 1947 e non concluíu até 1949. Daquela a limpeza étnica adoptou unha forma distinta, unha campaña máis lenta dirixida a reorganizar o mapa demográfico do recentemente fundado Israel para favorecer os xudeus israelís á conta dos árabes palestinos.

 Baixo distintos pretextos, puxéronse en marcha diversas campañas destinadas ás comunidades árabes palestinas que permaneceron en Israel despois da Nakba. Aínda que nin unha soa comunidade sobrevivira á arremetida demográfica do goberno israelí, os beduínos palestinos sufriron a maior parte dos desprazamentos, unha campaña que continúa na actualidade.

 As expulsións masivas renováronse tras a guerra de xuño de 1967. Por volta duns 430.000 foron desprazados á forza, especialmente de zonas que foran orixinalmente ocupadas en 1948. Ao longo dos anos, e até chegar ao presente, centos de miles de colonos xudeus israelís ocuparon o lugar dos palestinos desprazados, reclamando as súas terras, casas e hortas como propios.

 De feito, a lenta limpeza étnica de Cisxordania considérase o epicentro do colonialismo israelí en curso na Palestina Ocupada. E, desde a perspectiva do dereito internacional, é un dos seus maiores crimes de guerra, pois representa unha flagrante violación das normas internacionais, especialmente do Cuarto Convenio de Xenebra: “A potencia ocupante non deportará nin transferirá parte da súa propia poboación civil ao territorio que ocupa”, afirma o artigo 49 do citado convenio. Tamén prohibe “os traslados forzosos individuais ou en masa, así como a deportación das persoas protexidas dos territorios ocupados”.

 Afirmar que o recente chamamento á expulsión masiva de palestinos de Gaza é un acontecemento novo, obrigado polo violento episodio do 7 de outubro, e o posterior xenocidio en Gaza, é inexacto e deshonesto.

 Esta afirmación ignora o feito de que Israel, como proxecto colonial de colonos, se fundou sobre o concepto de limpeza étnica, e que os políticos israelís nunca deixaron de falar de desprazar masivamente os palestinos, mesmo en circunstancias supostamente «normais».

 En 2014, por exemplo, o daquela ministro de asuntos exteriores Avigdor Lieberman tratou de renomear a antiga estratexia de “traslados”, por medio dunha nova linguaxe pouca intelixente: “Cando falo de intercambio de terras e de poboación, refírome ao Pequeno Triángulo” e Wadi Ara”, dixo Lieberman nun comunicado, referíndose ás rexións predominantemente árabes do centro e norte de Israel, insistindo en que «non se trata dun traslado».

 Este contexto é fundamental se queremos entender realmente a historia que se agocha tras o entusiasta retorno á linguaxe da limpeza étnica. O 11 de novembro, Avi Dichter, ministro de Agricultura de Israel e ex xefe da axencia de espionaxe Shin Bet, pediu especificamente outra Nakba. «Estamos a preparar a Nakba de Gaza», dixo Dichter nunha entrevista televisiva.

 Da declaración do ministro israelí podemos tirar doadamente a seguinte información: os israelís están moi familiarizados co termo «Nakba», é dicir, o que lle ocorreu ao pobo palestino hai 75 anos -a limpeza étnica e o xenocidio- e seguen sen se arrepentir.

 Con todo, non se trata dunha declaración feita con ira. Un informe gobernamental filtrado, datado o 13 de outubro, seis días despois de iniciada a guerra, suxería o traslado masivo da poboación de Gaza ao deserto do Sinaí.

 Catro días despois, o 17 de outubro, o laboratorio de ideas israelí «Misgav Institute for National Security & Zionist Strategy», publicou un documento no que pedía ao goberno israelí que aproveitase esta «oportunidade única e pouco frecuente de evacuar toda a Franxa de Gaza».

 Non ten moito sentido supor que informes tan amplos se elaboraron en cuestión de días. De feito, fan falta anos de planificación e debates para preparar plans tan complexos de xeito que merezan a consideración oficial.

 Esta non é a única proba de que o desprazamento de palestinos en Gaza non era unha estratexia urxente impulsada polos últimos acontecementos, xa que os palestinos de Cisxordania, que non participaron na operación do 7 de outubro, tamén se viron baixo a ameaza de expulsión. Isto levou o primeiro ministro xordano, Bisher Khasawneh, a declarar o 7 de novembro que Ammán considera calquera intento de desprazar os palestinos unha «liña vermella», de feito, unha «declaración de guerra».

 Aínda que a presión árabe e internacional non logrou, até o de agora, frear a maquinaria de morte israelí en Gaza, os países árabes pronunciáronse firmemente en contra de calquera intento israelí de desprazar os palestinos.

 Polo de agora, a maioría dos 2,3 millóns de habitantes de Gaza, na súa maioría refuxiados da Palestina histórica, están desprazados internamente dentro dese minúsculo anaco de terra, sen auga, alimentos, electricidade... de feito, sen a vida mesma. Pero mantéñense firmes e non permitirán que se produza outra Nakba, custe o que custe.

 A «Nakba de Gaza» debe ser rexeitada, non só con palabras, senón mediante unha acción árabe e internacional sólida, co fin de impedir que Israel aproveite a guerra para expulsar os palestinos da súa patria, unha vez máis. Tamén se debe traballar para que Israel renda contas polos seus crimes de

A «Nakba de Gaza» debe ser rexeitada, non só con palabras, senón mediante unha acción árabe e internacional sólida, co fin de impedir que Israel aproveite a guerra para expulsar os palestinos da súa patria, unha vez máis. Tamén se debe traballar para que Israel renda contas polos seus crimes de guerra, pasados e presentes, empezando pola Nakba orixinal de 1948.

[Artigo tirado do sitio web Rebelión, do 30 de novembro de 2023]