Palestra: A situación actual dos traballadores e traballadoras de Palestina

Intervirán Nithya Nagarajan, responsábel de Relacións Internacionais da GFIU, e Suso Seixo
Santiago - 29 Mai 2017

O martes 30 de maio, ás 20:30 horas, terá lugar unha palestra sobre a situación actual das traballadoras e os traballadores de Palestina, a cargo da Nithya Nagarajan, responsábel de Relacións Internacionais da GFIU (Federación Xeral de Sindicatos Independentes de Palestina) e Suso Seixo, Presidente da Fundación Moncho Reboiras.

O acto terá lugar no local de Vide, Vide! (R/ da Fonte de Sto. Antonio, 10) en Santiago de Compostela, e estará presentado polo responsábel de Relacións Internacionais da CIG, Xosé Lois Rivera.

A charla está organizada pola Fundación Moncho Reboiras.