Paro practicamente total na segunda xornada de folga en GRI Towers do Carballiño

O persoal da empresa que fabrica torres eólicas denuncia os incumprimentos en materia laboral

O Carballiño -

A segunda xornada de folga convocada en GRI Towers, empresa dedicada á fabricación de torres eólicas con sede no Carballiño, tivo un seguimento practicamente total, xa que só entrou a traballar algún persoal de oficinas. Os traballadores/as denuncian os constantes incumprimentos da dirección en materia laboral e lembran que as mobilizacións continuarán con máis días de folga e cunha manifestación este martes 16.

Volver