Participa na campaña de axitación organizada pola CIG

A central está a desenvolver distintas iniciativas para conmemorar o Día Internacional da Clase Obreira

Nacional -

Este 1º de Maio, pola situación que estamos a vivir, vai ser diferente ao doutros anos en canto á súa celebración, mais queremos que siga a ser unha data especial de reivindicación da clase traballadora galega. Temos que facer escoitar as nosas demandas máis ca nunca, non podemos permitir que continúen a roubarnos dereitos, a empobrecernos e a facernos pagar a crise. En confinamento estaremos, mais non nos van calar! Por iso, convidámoste a que participes activamente desde a túa casa ou desde o teu centro de traballo na conmemoración do Primeiro de Maio, deste xeito:

  • Nesta semana previa ao 1º de Maio a estamos compartir nas redes sociais fotografías de traballadores/as co cartaz da campaña. Se queres participar, contacta coa túa federación ou local comarcal. Podes ver máis información na nosa web. Tamén podes facer unha foto co cartaz e compartila nas túas redes co cancelo #1deMaio e #Protexámonos1M.
     
  • Dende o mércores 29 de abril coloca na xanela, balcón ou varanda a bandeira da Patria Galega (podes pintala nun folio) e unha bandeira vermella (podes usar un pano vermello que teñas por casa) para visualizar a data e participar da reivindicación.
     
  • Para o propio día do 1º de Maio, en datas próximas informaremos das accións que imos desenvolver.

Plan de Axuda Alimentar

Por outra banda, querémosche lembrar que a CIG dispón dun Plan de Axuda Alimentaria para a subministración de produtos alimentarios básicos a aquelas persoas afiliadas que o precisen, segundo os criterios estabelecidos no regulamento do Plan. Se queres facer uso desta axuda, contacta co local comarcal, onde te informarán.

Guía laboral Covid19

Aproveitamos para lembrarche que temos elaborada unha guía laboral de respostas rápidas ás preguntas máis frecuentes sobre a incidencia da pandemia da Covid19 que podes consultar nesta ligazón: www.cig.gal/covid19.

Volver