Peche do comité de Alcoa na Delegación

- 18 Xun 2019

O comité de Alcoa péchase na Delegación do Goberno na Coruña para esixir ao Ministerio que cumpra os seus compromisos como valedor das inversións necesarias e das garantías de mantemento de emprego, neste momento crucial do proceso de venda. ‬Ao tempo, traballadores e traballadoras estanse concentrando ás portas do edificio gubernamental en apoio os seus compañeiros pechados e para esixir a aprobación do estatuto do consumidor electrointensivo que o Goberno se comprometera a ter listo antes das eleccións do 28 de abril. Unha nova regulación da enerxía que resulta fundamental para dotar de futuro e viabilidade ao sector.