Pensionistas e xubiladas/os da CIG mobilizaranse este xoves, 3 de decembro, por unha vellez digna

Demandan que a pensión mínima sexa igual o SMI e un servizo público de atención ás persoas

Nacional -

O colectivo de pensionistas e xubilados/as da CIG convoca mobilizacións para o vindeiro xoves, día 3 de decembro, nas sete cidades galegas e Cangas. Demandan, entre outras cuestións, que se equipare a contía da pensión mínima ao SMI, un servizo público galego de atención ás persoas; o incremento dos orzamentos destinados á atención á dependencia e un aumento de prazas públicas de Centros de Día e Residencias.

MOBILIZACIÓNS

Compostela: 11h, Praza do Toural

Ferrol: 11h, diante do INSS  (Rúa Catalunya)

Vigo: 11h, Farola de Urzaiz

Cangas: 11.30h, diante do Concello

Lugo: 11h, diante do Edificio Multiusos da Xunta (Ronda da Muralla)

Ourense: 11.30h, diante do INSS (Rúa Concello, 1)

Pontevedra: 11h, Praza da Peregrina

A Coruña: 11h, Subdelegación do Goberno (Avda. Da Mariña, 23)

Volver