Persoal das ambulancias e de Seaga protestan nun mitin do PP en Ribeira

Levaron as súas reivindicacións laborais ao acto no que participaba o presidente da Xunta
- 11 Mar 2019

Traballadores/as das ambulancias e de Seaga de Pontevedra e Santiago desenvolveron este sábado unha mobilización en Ribeira coincidindo coa presentación do candidato do PP á Alcaldía da localidade coruñesa, un acto no que participou o presidente da Xunta.