Persoal de Ence mobilízase para forzar unha xuntanza co Delegado do Goberno

Reclaman a activación inmediata da mesa de traballo para garantir o futuro do emprego
Pontevedra - 08 Xul 2021

Un grupo de traballadores/as convocados/as polo comité de empresa de Ence mobilizouse hoxe diante da Subdelegación do Goberno en Pontevedra para forzar unha xuntanza co delegado do Executivo español en Galiza co obxectivo de que explique as súas declaracións a respecto de que se están a producir contactos entre a empresa e a Administración central.

A representación do cadro de persoal, presidida pola CIG, remitiulle por escrito unha solicitude de reunión, “pero como non obtivemos resposta optamos por convocar unha protesta”. 

Solicitamos a reunión por escrito, pero como non respondeu optamos por mobilizarnos

Ao mesmo tempo, reclaman que se active de xeito urxente a mesa de traballo para abordar o futuro do emprego, tanto en Ence como en todo o sector forestal galego, co obxectivo de atopar unha solución que remate coa situación de incerteza na que se atopan como consecuencia de que a concesión administrativa da fábrica está xudicializada para dirimir até cando se prolonga.

“Pero saia ben ou mal o que está claro é que haberá recursos, o que prolongará a incerteza durante moito tempo máis”, conclúen.