Persoal de GEA mobilízase na Coruña coincidindo co xuízo para reclamar o pago das débedas

Na demanda presentada pola CIG solicítanse 3,2 millóns para unhas 150 traballadoras/es
A Coruña - 28 Xan 2020

O colectivo de ex traballadoras/es do Grupo de Empresas Álvarez (GEA) que asesora a CIG mobilizáronse hoxe na Coruña coincidindo co xuízo contra Inversiones Subel (propiedade do empresario Luis Fernández Somoza) para reclamarlle o pago dos 3,2 millóns de euros que ten pendentes de pagar pola compra dos terreos que a antiga fábrica de louza ocupaba en Vigo.

Tras a sesión celebrada no Xulgado de 1ª Instancia e Instrución número 11 da Coruña o xuízo quedou visto para sentenza.

Dende a CIG agardan agora que o fallo sexa favorábel ás arredor de 150 traballadoras/as que levan anos reclamando, mediante numerosas protestas e accións xudiciais, o pago das cantidades que lles adebedan.