Piquetes da folga de transporte de viaxeiros/as por estrada ocupan as sedes da Dirección Xeral de Mobilidade na Coruña e Compostela

Denuncian a negativa da Xunta ao diálogo

Nacional -

Parte dos piquetes da folga de transporte de viaxeiros/as por estrada da Coruña e Compostela veñen de ocupar, neste intre, as sedes da Dirección Xeral de Mobilidade das dúas cidades. No caso de Pontevedra pecháronse no despacho do delegado da Xunta, José Manuel Cores Tourís.

Denuncian a negativa a calquera caste de diálogo da Xunta de Galiza e urxen a Consellaría de Infraestruturas a actuar con responsabilidade e concretar hora e día para unha reunión tripartita, no mesmo formato que estaba prevista para o luns da pasada semana e que a propia Xunta se encargou de dinamitar desconvocándoa e chamando as partes por separado.

Aseguran que “se non nos queren ver diante aquí nos teñen. Agora non van ter posibilidade de evitarnos”.

Volver