Por que sobrevive o neoliberalismo?

Emir Sader -

En ningures a aplicación dos duros axustes fiscais -eixe dos modelos neoliberais- cumpriu coas súas promesas. Nin control das contas públicas e da inflación, menos aínda retomar o desenvolvemento económico. O seu desempeño é globalmente considerado un fracaso

No seu xurdimento o modelo neoliberal traía promesas atraíntes. Antes de máis, conter os gastos excesivos do Estado, diagnosticado coa fonte da inflación. Por outra banda, impoñer á economía o dinamismo centrado nas empresas privadas e no mercado. Polo discurso liberal que o acompañaba, fortaleceríase a sociedade civil e a cidadanía, libres dos atrancos e da opresión do Estado.

 Non foi o que pasou mais, polo menos, nalgúns casos, e por algún tempo, houbo control da inflación, aínda que multiplicando a débeda pública. Cando os seus efectos positivos se esgotáaron, veu o discurso de que, se era o mellor modelo, era o único posíbel na da globalización.

 Hoxe, cando a crise recesiva se perpetúa en Europa, xa desde 2008, mentres que ese efecto se estende por toda a economía internacional, xa non se ven trazos positivos e tampouco non é obrigatorio manter o modelo neoliberal, eixe da crise a nivel nacional e internacional. Os partidos tradicionais, conservadores e socialdemócratas, que asumiron a política de austeridade -a forma que asume o neoliberalismo nese continente- vense castigados polos electores e cada elección vólvese unha desesperación para eses partidos.

 En ningures a aplicación dos duros axustes fiscais -eixe dos modelos neoliberais- cumpriu coas súas promesas. Nin control das contas públicas e da inflación, menos aínda retomar o desenvolvemento económico. O seu desempeño é globalmente considerado un fracaso, responsábel pola perpetuación da recesión na economía mundial.

 En América Latina iso é igualmente evidente. Compárese as economías de Arxentina e de Brasil nos gobernos antineoliberais e no retorno do modelo neoliberal, e o resultado é escandalosamente claro a favor dos primeiros. Mírese todo o que melloraron países como Ecuador, Bolivia, Brasil, en comparanza coa situación de México, de Perú.

 Pero, por que, malia o espectacular fracaso do neoliberalismo, ese modelo segue vixente en gran parte do mundo, incluíndo EEUU, Europa, Xapón, a meirande parte dos países de América Latina, de Asia e de África?

 En primeiro lugar, porque ese modelo reflicte os intereses do capital financeiro, que é o hexemónico a nivel económico, no estadio actual do proceso de acumulación do capital. Hai fortes intereses económicos na preservación dese modelo, que só incrementa a riqueza e o poder do capital financeiro.

 En segundo lugar, porque o propio capitalismo non posúe alternativas. Chegado á súa etapa actual, non lograría retornar a formas de regulación económica, que lle permitirán non estar sometido ás presións recesivas do capital financeiro.

 En terceiro lugar, porque as forzas que se opoñen ao neoliberalismo non lograron, até o de agora, na gran maioría dos países, comprender que a loita fundamental no período histórico actual é pola superación do modelo neoliberal e lograr así construír unha alternativa concreta a ese modelo, congregando as forzas sociais e políticas necesarias.

 Despois do seu xurdimento con forza, o modelo neoliberal pasou á súa fase de sobrevivencia, unha fase marcada pola recesión económica e por unha xigantesca crise social, así como por unha inmensa crise hexemónica que apunta cara ao seu esgotamento e a procura de alternativas da súa superación.

 

[Artigo tirado do sitio web Alainet, do 8 de febreiro de 2017]

 

Volver