Por unhas pensións dignas e garantidas!

A CIG convoca mobilizacións nas sete cidades este xoves 23 de xaneiro

Nacional -

O colectivo de xubilados/as e pensionistas da CIG convoca para o xoves 23 de xaneiro mobilizacións nas sete cidades galegas ‘Por unhas pensións públicas dignas e garantidas’. Até o de agora había incerteza sobre a conformación de goberno, mais unha vez investido o novo presidente e a piques de se conformaren os novos ministerios, a central sindical demanda medidas inmediatas para dar unha solución a esta grave situación.

Entre outras cuestións a CIG reclama a supresión do factor de sustentabilidade; a fixación por lei da pensións mínima igual ao SMI e a súa revalorización anual, como mínimo, co IPC; a xubilación ordinaria aos 65 anos e voluntaria a partir dos 35 cotizados; que o cálculo da base reguladora se faga segundo as bases de cotización, actualizadas á data de reporte da pensión co IPC de todo o tempo transcorrido, dun período de 10 anos elixido pola persoa beneficiaria.

Xunto a isto, demanda a supresión das bonificacións e reducións da cotización empresarial á Seguridade Social en determinados tipos de contratos laborais; que se eliminen os topes máximos de cotización á Seguridade Social e o traspaso a Galiza da competencia de xestión do réxime económico da Seguridade Social prevista no Estatuto de Autonomía.

Horas e lugares das mobilizacións

  • A CORUÑA:  11:00h. no Obelisco
  • COMPOSTELA:  11:00h. na Praza do Toural
  • FERROL: 11:30h. Praza Amada García (Edificio Xunta)
  • LUGO: 11:00h. diante do INSS, (Avenida de Madrid)
  • OURENSE: 11:00h. diante do INSS, (Parque S. Lázaro)
  • PONTEVEDRA: 11:00h. na Praza da Peregrina
  • VIGO: 11:00h. na Farola de Urzáiz

Volver