Protesta na casa dun os propietarios de Faibus polo despedimento dun traballador que reclamou os seus dereitos laborais

Moaña - 15 Mai 2019

A CIG continúa coas protestas para esixir a readmisión dun traballador de Faibus UTE, que foi despedido de xeito arbitrario tras reclamar os seus dereitos laborais. Desta volta a concentración realizouse diante do domicilio dun dos propietarios da empresa en Meira (Moaña) para denunciar a actitude represiva da dirección con calquera persoa que reivindique os seus dereitos laborais.

Dende a FGAMT-CIG denuncian que este empregado "traballa moitas horas que non se lle abonan e carece dun horario fixo, polo que decidiu reclamar; entón a empresa tomou represalias contra el e despediuno”. Alén da correspondente denuncia no xulgado do social, a central sindical puxo en marcha un calendario de mobilizacións para esixir a readmisión do traballador e que Faibus UTE respecte os dereitos laborais.

Con anterioridade xa se realizaron protestas no domicilio particular do xerente de Faibus, José Manuel Álvarez, en Mondariz, e na casa de Roberto Álvarez Conde, un dos socios da empresa, en Ponteareas.