Protestas en Satec Enhanced Services

Operadores/as de rede de Satec Enhanced Services, empresa situada en Vigo, desenvolven por terceiro día paros e concentracións para reivindicar un convenio proprio ou folla de mellora que consolide os avanzos gañados ano tras ano. As protestas, que atinxen un 92% de seguimento, continuarán mércores, xoves e venres da semana vindeira de 10 a 11 e de 16 a 17 horas, e convocarán folga para o 7 de decembro se a empresa non se senta a negociar.

Volver