Radiografía do mercado laboral galego: precariedade e parcialidade disparan a pobreza entre a clase traballadora

Os datos da EPA, Seguridade Social e Axencia Tributaria evidencian que se non chegasen persoas migrantes a situación do emprego sería alarmante
Nacional - 15 Mai 2026

Un informe sobre o mercado laboral galego elaborado polo Gabinete Técnico de Economía da CIG en base a datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA), da Seguridade Social e da Axencia Tributaria evidencia que a cada vez maior precariedade e parcialidade do emprego está a disparar a pobreza entre a clase traballadora e amosa que se non chegasen persoas migrantes a Galiza a situación do emprego sería “alarmante” como consecuencia da perda de poboación activa autóctona. É precisamente o colectivo de persoas migrantes, xunto coas mulleres, o que ten os salarios máis baixos e peores condicións de traballo, sen dos máis penalizados no actual contexto de medre da carestía da vida.

Nesta radiografía do mundo do traballo, que foi presentada hoxe en rolda de prensa en Vigo polo secretario confederal de Negociación Colectiva, Emprego e Industria da CIG, Paco Sío, sinálase que o noso país rexistra unha porcentaxe moi elevada de persoas cuxo ingresos son inferiores ao salario mínimo interprofesional, e unha cantidade “nada desprezable” de persoas non acada tan sequera a metade do SMI. A maioría delas son mulleres e persoas migrantes, poboación que se ve especialmente prexudicada pola suba dos prezos.

Poboación asalariada e SMA por tramos do SMI.

 

2023

 

2024

 

Variación

 

Tramos de

salario

Asal

SMA

Asal

SMA

Asal

SMA

Total

 1.083.004

 23.252

 1.106.738

  24.232

2,2

4,2

De 0 a 0,5 SMI

180.454

 3.223

  185.282

  3.300

2,7

2,4

De 0,5 a 1 SMI

 188.103

 11.671

  191.576

  12.276

1,8

5,2

De 1 a 1,5 SMI

 285.220

 18.726

  297.435

  19.598

4,3

4,7

De 1,5 a 2 SMI

 171.780

 25.946

  174.504

  27.228

1,6

4,9

De 2 a 2,5 SMI

 91.251

 33.814

  93.442

  35.565

2,4

5,2

De 2,5 a 3 SMI

 69.471

 41.115

  69.303

  43.161

-0,2

5,0

De 3 a 3,5 SMI

 37.503

 48.770

  37.100

  51.178

-1,1

4,9

De 3,5 a 4 SMI

 19.092

 56.302

  18.494

  59.138

-3,1

5,0

De 4 a 4,5 SMI

 11.839

 64.069

  11.648

  67.189

-1,6

4,9

De 4,5 a 5 SMI

 7.781

 71.575

 7.462

  75.180

-4,1

5,0

De 5 a 7,5 SMI

 15.634

 88.947

  15.481

  93.687

-1,0

5,3

De 7,5 a 10 SMI

 2.721

 127.889

 2.779

 134.179

2,1

4,9

Más de 10 SMI

 2.155

 327.899

 2.232

 358.726

3,6

9,4

Unha primeira conclusión destes datos é o aumento das desigualdades, evidenciando unha sociedade cada vez máis polarizada: increméntase a poboación asalariada situada nos extremos da táboa, tanto nos tramos de menores como nos de maiores ingresos. Ademais, os ingresos medran máis nos tramos superiores que nos menores, o que implica que aumentan as persoas ricos e as pobres, diminuíndo a chamadas clases medias.

Do total de 1.106.738 persoas traballadoras que percibiron salarios en Galiza en 2024, 185.282 tiveron retribucións inferiores á metade do SMI, e outras 191.576 percibiron entre 0,5 e 1 vez o SMI. En conxunto, 376.858 persoas, o 34,1% das asalariadas galegas, percibiron ingresos inferiores ao legalmente establecido a través do SMI. No Estado español, esta proporción é do 37%.

A meirande parte da poboación concéntrase nos tres primeiros tramos de ingresos, até 1,5 veces o SMI, concretamente o 60,9%, medio punto porcentual máis que en 2023. Isto significa que o 60,9% das persoas asalariadas tivo ingresos inferiores a 19.598 euros brutos anuais, é dicir, por debaixo do salario medio anual (SMA).

No último tramo, onde se sitúan as persoas cuxos ingresos brutos por salario superaron 10 veces o SMI, rexistráronse 2.232 no ano 2024, cuxos ingresos medios alcanzaron os 358.726 euros brutos anuais. Só unha persoa deste último intervalo ten uns ingresos equivalentes a 109 persoas do tramo de menos da metade do SMI. A masa salarial declarada conxunta á AEAT de 2232 persoas foi de 801 millóns de euros, mentres que a masa de 185.282 apenas acadou os 611 millóns de euros. A temporalidade, a alta rotación e, sobre todo, a parcialidade nos empregos explican que se manteña unha proporción tan elevada de persoas con ingresos insuficientes para vivir de forma independente e en condicións dignas.

Situación das mulleres traballadoras

As mulleres traballadoras concentran a maior parte dos contratos indefinidos a tempo parcial, representando o 72% do total (85.289 contratos fronte a 33.869 de homes).Nos contratos fixos descontinuos tamén hai maior presenza feminina (59%), así como nos contratos temporais, tanto a tempo completo (61%) como parcial (62%). Estes datos apuntan a unha maior concentración das mulleres nas modalidades máis inestables ou con menor continuidade laboral.

En conxunto, os datos mostran que aínda que as mulleres participan lixeiramente máis no mercado laboral en termos de contratación total, seguen tendo menor acceso ao emprego indefinido a xornada completa e unha maior presenza en modalidades parciais ou temporais. En concreto, o 70% dos contratos a xornada parcial son subscritos por mulleres.

Afiliación ao réxime xeral segundo tipo de contrato e xornada e sexo. Marzo 2026

 

Total

Mulleres

Homes

% mulleres

TODAS AS MODALIDADES DE CONTRATOS

846.566

429.392

417.173

51%

INDEFINIDO-T. Completo

494.795

198.195

296.600

40%

INDEFINIDO-T. Parcial

119.158

85.289

33.869

72%

INDEFINIDO-Fixos Descontinuos

32.160

18.864

13.297

59%

TEMPORAL-T. Completo

84.245

51.209

33.036

61%

TEMPORAL-T. Parcial

27.146

16.850

10.296

62%

APREND., FORMACIÓN e PRÁCT.

2.816

1.286

1.530

46%

OUTROS

86.246

57.700

28.546

67%

Fonte: Seguridade Social.

Conflitividade laboral

Finalmente, Paco Sío, indicou que esta situación do mercado laboral galego está detrás do aumento da conflitividade nas empresas e na negociación colectiva, “porque a clase traballadora ten unha necesidade perentoria de mellorar os seus salarios e as súas condicións laborais, xa que o 61% das persoas traballadoras teñen soldos de miseria e o 34% nin sequera chega ao SMI”.

Diante deste contexto de medre das desigualdades, da pecariedade e da pobreza o responsábel sindical fai un chamamento a todos os colectivos, sectores e actividades profesionais a encher as rúas de Galiza “mediante o conflito, a mobilización e a folga por un emprego digno porque a loita é o único camiño para ter unhas melloras condicións de vida, xa que o diálogo social é unha fraude e non soluciona os problemas da clase traballadora”.