Remata sen acordo o acto de conciliación polo despido en Pérez Rumbao de Ourense e a CIG anuncia mobilizacións

O traballador afectado reincorporárase á empresa Bétula Cars tras unha grave enfermidade

Ourense -

O acto de conciliación polo despido dun traballador de Bétula Cars -do grupo Pérez Rumbao- celebrado hoxe nos Xulgados de Ourense rematou sen acordo, polo que a CIG convocará un calendario de mobilizacións a partir do mes de setembro para reclamar a súa readmisión, xa que a rescisión do contrato produciuse nada máis reincorporarse á empresa tras unha grave enfermidade.

Dende a federación de Industria da CIG-Ourense queren deixar moi claro que non van deixar sen resposta este ataque do grupo Pérez Rumbao aos dereitos dos traballadores/as, xa que afectado foi despedido nada máis reincorporase despois dunha grave enfermidade. Unha representación da central acompañouno durante a conciliación e trasladoulle a súa solidariedade ás portas do edificio xudicial.

>>NOVA RELACIONADA: A CIG denuncia o despido dun traballador de Pérez Rumbao tras reincorporarse dunha grave enfermidade

Volver