Residencias públicas, semipúblicas e privadas, pretenden confinar no seu interior ao persoal cos residentes por dúas semanas

A CIG-Ourense exixe “seguridade para o persoal e os residentes” e “medios reais e efectivos”

Ourense -

Tanto a Fundación Valdegodos -con Residencias en Valdegodos, A Rúa, Vilamartín, Viana e Ramírás- como a improvisada Residencia dos Milagres, en Baños de Molgas, ao que se trasladan residentes maiores xa contaxiados, están presionando ao persoal para que  leve ao centro as súas pertenzas e se confinen no seu interior durante dúas semanas.

No caso de Baños de Molgas, que é un centro da Fundación do ínclito Benigno Moure, aínda sen iniciar a actividade como tal, están convocando a traballadoras tanto do sector privado dos Centros de Día de "Troncoso Casares" de Allariz e Maceda, como a persoal público do Consorcio Galego, e mesmo a estudantes do último curso de enfermería. Están citados por whatsapp e telefónicamente para comezar o confinamento hoxe mesmo. Estarían aloxados nas instalacións hoteleiras anexas ao Santuario dos Milagres, agora en desuso.

Na Fundación Valdegodos,  barallan a posibilidade dalgún establecemento hoteleiro próximo, e mesmo fixeron un pedido dce colchóns para instalalos a modo de campamento dentro das instalacións das Residencias.

A ningunha traballadora lle preguntan se ten crianzas ou maiores que atender, sobre a súa situación persoal ou mesmo sobre o seu propio estado de saúde.

Estáselle privando do uso de mascariñas, roupa de illamento, gafas, calzas e calquera medida de seguridade e prevención, e encérranos con maiores, en moitos casos xa contaxiados polo COVID 19, dentro das Residencias. Militarizan aos traballadcores mentres os militares pasean polas rúas de Ourense.

Diante desta situación, o secretario comarcal da CIG de Ourense, Anxo Pérez Carballo afirma que “todos nós temos o compromiso de loitar para saír desta grave crise, pero non se pode bascular toda a responsabilidade sempre nos mesmos”. Por iso exixe “seguridade para o persoal e os residentes e non que sexan abandonados á súa sorte” xunto con “máis medios reais e efectivos, que medidas efectivistas. Menos aplausos e máis compromiso e solidariedade”, conclúe.

 

Volver