Presentación do peche de Ferroatlántica no Concello de Cee

Cee -

Nun salón de plenos ateigado, o Comité de #Ferroatlántica e representantes das centrais sindicais ofrecían unha rolda de prensa para anunciar o inicio do peche indefinido no Concello de Cee.
Un peche que irá acompañado de concentracións diarias de 18:30 a 19:30 horas e co que se quere esixir ao Presidente da Xunta que reciba o Comité e cumpra coa legalidade desautorizando a segregación de actividades e, polo tanto, a venda das centrais hidroeléctricas.

Unha operación especulativa que o Grupo Villar Mir xa tentara levar adiante no ano 1992 cando mercou o complexo industrial e que suporía "a ruína da comarca".
Fronte a esta agresión, o Comité chama a toda a cidadanía da comarca a sumarse ás protestas para manifestar o rexeitamento unánime á venda.

Volver