Seguen as mobilizacións polo futuro industrial da Mariña

- 07 Out 2019

Os traballadores e as traballadoras de Alcoa continuaron o pasado venres coas concentracións semanais en defensa do emprego e a actividade produtiva na fábrica de San Cibrao e para esixir un novo marco regulador da enerxía máis xusto, estábel e competitivo. Este mesmo luns, confirmábase a visita do presidente da Xunta e da Ministra de Industria ás instalacións para o martes 8 de outubro. Nesa xuntanza, o comité reclamará de ambos gobernos solucións urxentes para a factoría.

Ademais este mércores, 9 de outubro, as mobilizacións en defensa do futuro industrial da Mariña trasladaranse até as portas da Praza do Concello de Xove, onde haberá concentración de 20:30 a 21:00 horas.